Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de noviembre de 2019

Samaín

Co gaio da celebración do Samaín vestimos a nosa biblioteca para a ocasión. Non faltaron os morcegos, as teas de araña, os esqueletos, os gatos e demáis fauna; tamén nos acompañaron os libros, esta vez os que nos fan tremer as pernas, como DráculaO Lobishome de Candeán ou Frankenstein; e por se non tiñamos abondo, engadimos nove curtametraxes que proxectamos na semana do medo para facervos arrepiar un chisco.

E agora os agradecementos: ao alumnado de 1° da ESO A e C polas súas creacións, tamén a todos os rapaces e rapazas de diferentes cursos que colaboraron con nós na biblioteca Aldana Grandal, Iker dos Santos, Cristian Troncoso, Raquel Márquez e Sofía Durán así como á titora Bea Fernández e á profesora Nuria pola súa dedicación á actividade co seu alumnado.

Dende o Equipo de Biblioteca grazas a tod@s. O ano vindeiro, máis e mellor. Agardámosvos.