Co gaio da celebración do Samaín vestimos a nosa biblioteca para a ocasión. Non faltaron os morcegos, as teas de araña, os esqueletos, os gatos e demáis fauna; tamén nos acompañaron os libros, esta vez os que nos fan tremer as pernas, como Drácula, O Lobishome de Candeán ou Frankenstein; e por se non tiñamos abondo, engadimos nove curtametraxes que proxectamos na semana do medo para facervos arrepiar un chisco.
E agora os agradecementos: ao alumnado de 1° da ESO A e C polas súas creacións, tamén a todos os rapaces e rapazas de diferentes cursos que colaboraron con nós na biblioteca Aldana Grandal, Iker dos Santos, Cristian Troncoso, Raquel Márquez e Sofía Durán así como á titora Bea Fernández e á profesora Nuria pola súa dedicación á actividade co seu alumnado.