sábado, 5 de febrero de 2022

Novidades




               Feliz Aninovo, lectores ! ! ! 
Comenzamos este 2023 enchendo a nosa biblioteca de colorido, de diversidade, de liberdade, de inclusión e de respeto pero sen esquecer as aventuras e as emocións que non deben faltar nun bo libro. 
Gústannos as boas  historias, por iso queremos que os protagonistas dos nosos relatos sexan diferentes, diversos, que nos representen a todos e todas. Por iso a biblioteca decidiu arrancar o ano facendo unha escolma dos mellores títulos LGTBI, para que escoitemos, para que entendamos, para que aprendamos, para que empaticemos, para que nos divirtamos... Boas lecturas!


🌈 NADIE NOS OYE

Autor: Nando López



Sinopse:
Tras perder o partido máis importante da súa vida, un xoven de dezasete años aparece morto a causa dunha terrible paliza. Non hai testemuñas nin probas aínda que os recentes enfrentamentos entre Zayas e Távora apuntan a que se trata dun novo episodio de violencia entre ambos centros. Dúas personas próximas á víctima posúen as claves: Quique, compañeiro de clase e Emma, unha psicóloga que asesora a xogadores adolescentes. Ambos compartirán a súa visión con demasiados medos. Demasiadas pantasmas. Demasiados silencios.




🌈 EL RÍO DE LAS PRIMERAS VECES

Autor: Nando López


Sinopse:

Unha profunda historia sobre o amor entre dous rapazas que buscan o seu lugar, Carla & Joana. Decálogo para ser nos:

1. Non nos faremos dano co que pagou a pena
2. Non nos castigaremos co silencio.
3. Non nos calaremos o que importe dicir.
4. Non nos obrigaremos a falar cando non queiramos facelo.
5. Non daremos explicacións se non nos axudan a ser.
6. Non trivializaremoso que fomos.
7. Non faremos caso a quenes nos aconsellen sen coñecernos.
8. Non deixaremos de intentar coñecernos.
9. Non nos asustaremos cando nos coñezamos
10. Non deixaremos nunca de cruzar o río das primeiras veces.




🌈 LA VERSIÓN DE ERIC

Autor: Nando López



Sinopse:

Eric ten vinte anos e todo un futuro por diante como actor de éxito. Sen embargo, a madrugada do 13 de xullo se presenta na comisaría para confesar un crimen. En realidade, calquer suceso ten un pasado e moitas formas de contarlo. Esta é a versión de Eric.



🌈 BLOOM

Autor: Kevin Panetta



Sinopse:

Ari está listo para comenzar a súa vida: mudarse, triunfar coa súa banda ultra cool e, sobre todo, deixar a pa­nadería familiar. Mentres entrevista a candidatos para reemplazarlo, coñece a Héctor, un rapaz moi guapo que ama a panadería tanto coma él quere escapar de ela. Ari e Héctor teñen unha química inexplicable que os acerca máis e máis con cada receita que comparten e con cada barra de pan que sae do forno. O amor está listo para florecer… se é que Ari non o arruina antes.







🌈 LAURA DEAN ME HA VUELTO A DEJAR

Autor: Mariko Tamaki


Sinopse:

O único que pide Freddy Riley é que a súa noiva non a volva a deixar. Laura Dean é encantadora, divertida e realmente preciosa, peroca peor noiva do mundo. A súa relación intermitente  está a toleala, e os seus amigos son incapaces de comprender por qué sempre remata volvendo con ela. O que está claro é que algo ten que cambiar porque, ademáis de que podería estar a piques de perder á súa mellor amiga, o seu corazón está a romperse en mil pedazos e con él os derradeiros trozos de autoestima.






🌈 HEARTSTOPPERS 1. Dos chicos juntos

Autor: Alice Oseman


Sinopse:

Dous rapace se coñecen. Fanse amigos. Namoranse. Por qué facemos complicadas as emocións máis sinxelas?

Esta historia de amor entre dous rapaces, un declaradamente homosexual e outro en vías de autodescubrimento recordarannos que hai primeiros amores fráxiles coma o cristal e memorables coma o diamante. 

Heartstopper responde á maneira de sentir dos xóvenes reais, cunha visión aberta, natural e sensible sobre o amor e a identidade sexual, sen perder nunca a delicadeza e a emoción.







🌈 MI HERMANO SE LLAMA JESSICA

Autor: John Boyne


Sinopse:

Sam Waver é un rapaz solitario. Seus pais están tan axetreados que ás veces se sinte invisible. Por sorte, conta co seu irmán maior, Jason, quen semella ter unha vida perfecta: non só é encantador e popular, tamén é a estrela do equipo de fútbol, e todas as rapazas están desexando saír con el. Sam o idolatra.

Sen embargo un día, Jason reúne á súa familia pra contarlle un segredo que leva gardando moito teempo: en realidade se chama Jessica. Os seus pais non dan crédito e Sam descobre que non son as persoas abertas e tolerantes que pensaba. As vidas de todos dan un xiro e semella que as cousas nunca volverán a ser coma antes.





🌈 EL COFRE DE NADIE

Autor: Chiki Fabregat



Sinopse:

Novela contundente que, cun estilo terso e sinxelo, narra unha historia apaixonante de intriga e búsqueda da propia identidade, tocando de forma moi natural e fresca varios temas que están de plena actualidade: as relacións amorosas de todo signo entre os xóvenes, o perigo das relacións posesivas e tóxicas, a influencia das redes sociais, a adaptación aos novos tipos de familia...





🌈 CADA SEIS MESES

Autor: Clara Duarte



Sinopse:

Hana é unha rapaza coreana que reparte os pedidos do wok dos seus pais eRo aparece de súpeto. Ro é alta como Madrid e as farolas. A historia de Hana y Ro empeza así: unha pelexa. Un supermercado. A porta rota dun baño. Un piano electrónico e oito plantas con nome. É cutre e torpe, como todo, pero é bonita. Hana pensa «isto podería durar para sempre». Hana se durme o 31 de agosto. Cando esperta, Ro non está, non existe. Ninguén parece tela coñecido. Todo o que ten que ver con ela desapareceu e a única que a recorda agora é Hana.





🌈 EL MIEDO RESTANTE

Autor: Clara Cortés



Sinopse:

Luc Álvarez pensa que a súa vida é fixa e aburrida: a xente do seu entorno non cambia, nin a súa motivación, nin o seu traballo na cafetería Café Actually..., ata que todo empeza a tambalearse e as emocións negativas vólvense demasiado grandes coma para abarcarlas coas mans. A partir de entón, avanzar será cousa súa, pero decidir apartar o medo e escoitar á xente que lle quere ben parecerá máis difícil que enfrontarse a algúns xigantes.





🌈 BRUNA, UNA MIRADA TRANS

Autor: Jaume e Xavier Cela 



Sinopse:

Rara!  Indefinido!  Nin carne nin peixe!  Perversa!
Loco dos collóns (ou da vaxina)!
Ao longo da miña vida catalogáronme con estase outras palabras, todas igual de coloridas.
Pero quén son eu de verdade? Chámome Bruna e son unha rapaza trans. Esta é a miña historia

Unha exploración honestae divertida sobre a identidade e a sexualidade.




🌈 INVISIBLE

Autor: Laida Martínez Navarro



Sinopse:

«Chámome Ismael Arana, teño 16 anos e ás veces gustariame ser invisible, non estar, desaparecer no aire». Quizáis xa son demasiados os xóvenes que pronuncian frases coma estas. ¿Realmente estamos dispostos a soportarlo sen facerlle frente, mirando para outro lado se non me toca a mín? Din que o primeiro paso para resolver un problema é admitir que tes un problema. Ao mellor somos unha xeneración que ten un problema.




🌈 BOTÓN DE EMERGENCIA PARA (DEJAR DE) AMAR

Autor: Sophie Gonzales


Sinopse:

Will Tavares é o rapaz perfecto para vivir un amor de estío: cariñoso, divertido e bo. Pero cando Ollie cre que atopou á persona coa que pode vivir o seu «felices para sempre», as vacacións rematan e Will desaparece. Ollie ten ademáis que mudarse por unha emerxencia familiar. No instituto non coñece a ninguén… salvo a Will. O destiño reuniunos de novo, pero non hai nin rastro do doce rapaz que coñeceu,  Will é o  típico deportista machito, popular …e non saira do armario. Ollie está decidido a non ir detrás dun rapaz que o ignora. Sería un idiota se o fixera, verdade?


🌈 SI ME DIJERAS QUE SÍ

Autor: Adriano Moreno



Sinopse:

Benji leva varios anos ocultando quen é. Por iso, dar o paso e estudiar a carreira de Periodismo en Madrid convértese na gran oportunidade para ser por fin el mesmo.

O primeiro día de clase coñece á que pronto se convirte na súa nova familia. Ese grupo de amigos que será testemuña das súas correrías universitarias en fiestas onde a diversión, as hormonas e o atrevemento campan as súas anchas. Unha desas noites crúzase no seu camiño un rapaz chamado Tito e Benji namórase ao instante. So hai un pequeno inconveniente: Tito non é gay, ou si?


🌈 MI RUIDO AZUL

Autor: Marina Jade



Sinopse:

Chámome Marina, o meu nome artístico é Marina Jade, e nestas páxinas vou contar, en resumidas contas, a miña vida:  dende a miña infancia -cando era «a gordiña», «a chapona», «a dos brackets»- ata que a música me salvou e se convertiu na miña felicidade.

Aquí explicarei o importante que son para mín a miña familia e os meus seres queridos, cómo salí do armario, o que significa sufrir LGBTfobia e tamén qué sentí ao cumplir o meu soño de participar en  Operación Triunfo.


🌈 EL AZUL ES UN COLOR CÁLIDO

Autor: Julie Maroh



Sinopse:

Clementine é unha adolescente sen problemas. Chega do campo para integrarse nun instituto no que se sente a gusto. Un día cruza na rúa cunha parella de rapazas. Unha leva o cabelo tinguido de azul e lle sorrí mentres Clementine baixa a vista. 

A partir de ese preciso momento todo vai a cambiar para ela: a súasu relación cos seus novos  amigos, seu sitio na familia, as súas prioridades… e sobre todo a súa sexualidade.



💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫💫








Benvidos a este novo curso 2022- 2023. Agora que xa podemos deixar a mascariña na mochila e mirarnos a cara completa non esquezamos botarlle un gran sorriso😋 á vida, por iso se queres ideas e motivos para escachar e desfrutar deixate caer pola nosa biblio, temos moitas novidades que te sorprenderán. Aquí están, ben postiñas e por categorías:


🀄   MANGAS  🀄


GUARDIANES DE LA NOCHE

Novos tomos da túa serie manga favorita!

Colección completada!!  😎






SPY X FAMILY (TOMOS 1-9)

Autor: Tatsuya Endo



Sinopse:

Os países de Westalis e Ostania libran dende fai anos unha Guerra Fria onde a espionaxe e os asasinatos son moeda corrente. O espía coñecido coma Twilight é o mellor axente de Westalis que ten por obxetivo encargarse do poderoso Donovan Desmond. O espía deberá acercarse ao obxetivo  como para desbaratar a súa axenda secreta. Para isto, só deberá simular que é un home de familia. É por iso que baixo a identidade do psiquiatra Loid Forger, Twilight reclutará a Yor Briar, unha civil (en realidade, unha asasina profesional)  e Anya, unha orfa con poderes telepáticos que so busca unha familia agarimosa.

MONSTER KANZEBAN

Autor: Naoki Urasawa



Sinopse:

 O
 Dr. Tenma enfráscase na aventura da súa vida despois de salvarlle a vida a Johan, un neno que chegou ao seu hospital cunha ferida de bala na cabeza no peor momento posible. Este feito desencadena toda unha serie de acontecementos que levarán ao Dr. Tenma a viaxar polo mundo mentras averigua o segredo de Johan.
 


EL RATÓN DE BIBLIOTECA 

Autor: Miya Kazuki


Sinopse:

 
Unha estudiante universitaria á que lle encantan os libros dende a infancia morre nun accidente e  reencárnase  nun mundo completamente distinto, do que non sabe nada en absoluto. Descobre que agora é Myne, a enfermiza filla de cinco anos dun soldado pobre. Pero o peor é que casi nadie nese mundo sabe ler, os libros prácticamente non existen e os poucos que hai son moi caros. Que pode facer un rato de biblioteca coma ela nun mundo sen libros? Pois facelos! Así loitará por converter o seu soño en realidade: vivir rodeada de libros e ser bibliotecaria. 


TOKYO REVENGERS 

Autor: Ken Wakui



Sinopse:

Takemichi, un fracasado que foi membro dunha banda na súa xuventude, salta 12 anos atrás no tempo para voltar ao instituto e salvar á súa exnoiva, Hina, que na actualidade foi asasinada pola organización criminal Tokyo Manjikai. Con cada viaxe temporal, Takemichi inflúe nos que o rodean e pouco a pouco vai mudando o pasado... Pero será suficiente para salvar a Hina e evitar que a Tokyo Manjikai convirtase na temida banda criminal?

A SILENT VOICE

Autor: Yoshitoki Oima

Sinopse:

A diversión e a aventura son o lema de Shôya Ishida, un rapaz capaz de calquera cousa con tal de vencer o aburrimento. Pero a súa vida cambiará drásticamente tras coñecer a Shôko Nishimiya, unha rapaza xorda que foi transferida á súa escola.


ARTE

Autor: Kei Okhubo


Sinopse:

Florencia, comenzos do século XVI, periodo histórico no que se produce un gran auxe na cultura e nas artes coñecido co nome de Renacimento. En tan vibrante e esplenderoso momento da inicio esta historia na que Arte, unha xove nobre, decide rebelarse contra a súa familia, que só desexa para ela un bo matrimonio, e dedicarse ao mundo do arte. O único problema? Que ningún dos obradoiros de pintores de Florencia está disposto a aceptala coma aprendiz.

AO NO FLAG

Autor: Kaito


Sinopse:

 Taichi Ichinose é un mozo bastante tosco, que non exterioriza o que lle ocorre, e que prefire manterse lonxe do resto. A súa compañeira de clase, Futaba Kuze, convénceo para que a axude a ter unha cita co seu amigo da infancia, Touma Mita, un dos chicos máis populares da escola. Esos que son simpáticos, alegres, bos en todo o que fan e son admirados. Ou sexa, todo o contrario a él. Por suposto que as cousas non serán tan sinxelas, nen os sentimentos tan correspondidos, alomenos no sentido máis tradicional e esperado neste tipo de mangas


SHINO NO ES CAPAZ DE DECIR SU PRPIO NOMBRE

Autor: Shunzo Osimi



Sinopse:

 Shino Ôshima é “incapaz de dicir seu  nombre”. Pese a todo, consegue facer a súa primeira amiga dende que entrou no instituto. Entón empeza a comunicarse, aínda que sexa torpemente, atopando sempre as palabras exactas demasiado tarde, cando xa todo pasou. Pero a xuventude tamén resplandece para os que son máis torpes... Ou non?




  🂠 NOVELAS 🂠


NADA

Autor: Janne Taller


Sinopse:

Pierre Antón deixa a escola o día que descobre que a vida non ten sentido. Sube a unha ameixeira e declama a gritos as razóns polas que nada importa na vida. Tanto desmoraliza aos seus compañeiros que deciden apilar obxetos esenciais para eles co  fin de demostrarlle que hai cousas que dan sentido a quenes somos Na súa procura arriscarán parte de si mesmos e descubrirán que só ao perder algo apréciase o seu valor. Pero entón pode ser demasiado tarde.

DIFERENTE

Autor: Eloy Moreno


Sinopse:

E SE O ÚNICO NORMAL É SER DIFERENTE?
Tras o éxito de Invisible Tierra, Eloy Moreno regresa ás librerías cunha das novelas máis esperadas polos lectores.

Nesta ocasión, o autor fálanos da diferencia e a normalidade.

Para saber máis, tendremos que ler a novela...Porque coma o escritor dí: 

«Para min unha novela é como un regalo, se che din o que conten perde a gracia. Por iso prácticamente nunca poño nada nas contras das miñas novelas. O bonito dunha historia é meterse nela sen saber que te  vas a atopar.»



AS MALAS MULLERES

Autor: Marilar Aleixandre


Sinopse:

 Asistimos a unha dura e apaixoante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca de 15 anos, as de mulleres como Concepción Arenal e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballaron a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. 


 TODO ESTO TE DARÉ

Autor: Dolores Redondo


Sinopse:

No escenario maxestuoso da Ribeira Sacra, Álvaro sufre un accidente que acabará coa súa vida. Cando Manuel, seu marido, chega a Galicia para recoñecer o cadáver, descobre que a investigación sobre o caso se cerrou con demasiada rapidez. Manuel ía abandonar as súas sospeitas pero o alegato contra a impunidade que Nogueira, un guardia civil xubilado, esgrime contra a familia de Álvaro, nobres mecidos nos seus privilexios, e a sospeita de que esa non é  a primeira morte do seu entorno que se enmascarou coma accidental, fan que decida quedar.  Lucas, un sacerdote amigo da infancia de Álvaro, únese a Manuel e a Nogueira na reconstrucción da vida segreda de quen crían coñecer ben.

LOS RENGLONES TORCIDOS DE DIOS

Autor: Torcuato Luca de Tena




Sinopse:
Alice Gould é ingresada nun sanatorio mental. No seu delirio cree ser unha investigadora privada a cargo dun equipo de detectives adicados a esclarecer complicados casos. Según unha carta do seu médico particular, a realidade é outra: a súa paranoica obsesión é atentar contra a vida do seu marido. A extrema intelixencia desta muller e a súa actitude aparentemente normal confundirán aos médicos ata o punto de non saber a ciencia certa se Alice fora ingresada inxustamente ou en realidade padece un grave e perigoso trastorno psicolóxico.


EDAD PROHIBIDA

Autor: Torcuato Luca de Tena


Sinopse:
Durante uns dos seus paseos poa praia, Anastasio, un adolescente tímido e retraído, faise amigo de Enrique, un rapaz alegre e de forte personalidade, que lidera unha pandilla de xóvenes alocados. De costas á guerra civil que asola España, ambos van crecendo mentres descubren o mundo: Anastasio, inseguro e apaixonado, recibirá a chegada da sexualidade con temor e recelo; Enrique madurará aos poucos co pulo de quen desexa coñecer os secretos da vida por riba de todo. 
Unha das máis ambiciosas obras de Torcuato Luca de Tena.


TRILOGÍA DEL BAZTÁN

Autor: Dolores Redondo.



Sinopse:
A beira do río Baztán a aparición do cadáver dunha rapaza obriga á inspectora de homicidios Amaia Salazar a regresar ao val no que naceu e do que leva toda a súa vida fuxindo. Este será só o principio dunha historia apaixoante na que os seres lexendarios do Norte conviven con crímenes arrepiantes. 


LA ISLA DEL DOCTOR MOREAU

Autor: H.G. Wells



Sinopse:
Despois do naufraxio do Lady Vain, Edward Prendick é salvado polo mercante Ipecacuanha, onde coñece ao xoven científico Montgomery. Unha comprometida situación lévao a acompañar a este á illa onde se atopa o  doutor Moreau. Prendick descubre alí un mundo de seres deformes, animais con rasgos humanos, dóciles seres deformados polo doutor Moreau.




😱NOVELA GRÁFICA😱

CUATRO POETAS EN GUERRA

Autor: Ian Gibson, Quique Palomo


Sinopse:
Nas emotivas páxinas desta obra, Quique Palomo  adapta a obra de Ian Gibson, na que trazan un certero percorrido polas vidas de catro magníficos poetas do noso tempo: Federico García Lorca, Antonio Machado, Miguel Hernández e Juan Ramón Jiménez, nun  estudo estremecedor sobre a lealtade á causa republicana de catro das mellores voces poéticas da España do século XX, represaliada coa morte no exilio, o fusilamiento sen xuízo e a morte no cárcere.





    E así é, compañeiros,  como xa case case chegamos ao... 🔆🍹🐠FIN DE CURSO🐠🍹🔆
Queda tan pouco que hai que ir xa facendo plans para aproveitar a tope o tempo libre. A biblioteca te propón algunhas ideas para os ratiños de lectura pero se non podes agardar para ler algunhas destas emocionantes novidades, pásate canda nos e desexémonos...




💬 BANDA DESEÑADA 💬


👉 CLÁSICOS MANGA: ANA LA DE LAS TEJAS VERDES

Autor: Lucy M. Montgomery


Sinopse:

CHEGA O CLÁSICO DE ANA, A DE TELLAS VERDES EN FORMATO MANGA E AUTORIZADA POLOS MESMÍSIMOS DESCENDENTES DE L. M. MONTGOMERY! 
Os irmáns Marilla e Matthew Cuthbert planean adoptar a un xoven orfo para que lles bote unha man coas tarefas da granxa en Tellas Verdes. Sen embargo, debido a un inesperado erro no lugar do xoven acordado chega Ana Shirley, unha rapaza pelivermella cunha imaxinación desbordante que acabará conquistando aos Cuthbert e ao resto de cidadáns da Illa do Príncipe Eduardo.

👉 CLÁSICOS MANGA: FRANKENSTEIN

Autor: Mary Shelly



Sinopse:

O INMORTAL CLÁSICO DE MARY SHELLEY 

 Quen non oiu falar de Frankenstein? Ou máis concretamente do monstro que o seu xenio loco creou. Nesta adaptación do clásico da literatura romántica e  terror seguimos os pasos de Víctor Frankenstein, cuxo interese nas ciencias naturais o levan a intentar o experimento máis prohibido: crear un ser vivo. Pero cando o logra, o abandona...



👉 CLÁSICOS MANGA: SENTIDO E SENSIBILIDADE 

Autor: Jane Austen



Sinopse:

A ADAPTACIÓN DUNHA DAS NOVELAS MAÍS FAMOSAS DE JANE AUSTEN
A morte de Henry Dashwood deixa a súa esposa e as súas tres fillas nunha difícil posición económica. A pesar de que o fillo prometeu coidar delas e axudalas no posible, a convivencia se fai imposible e as Dashwood aceptan o xeneroso ofrecemiento dun primo lexano para vivir na tranquila campiña de Devonshire. As fillas maiores, Elinor e Marianne, pronto se adaptan ao seu fogar e traban amistade cos veciños, aínda que Elinor non pode deixar de pensar en Edard Ferrars e Marianne se deixa cautivar polo  aposto e encantador Willoughby,...


👉 ARASHIYAMA. LA MONTAÑA DE DESEOS

Autor: Dani Berduméz, Fidel De Tovar


Sinopse:

Chega a Norma Editorial  unha edición especial da obra gañadora do XII concurso manga!

 Descobre a apaxionante aventura de Shin e Sumie, dous nenos que se escapan de casa para ir á montaña dos desexos e pedir aos deuses que fagan volver aos seus pais do seu “longo viaxe polo ceo”. 







👉 LOS APUNTES DE VANITAS (8 e 9)

Autor: Jin Mochizuki


Sinopse:

VANITAS E NOÉ DEBERÁN TOMAR UNHA DECISIÓN NO CASO DA BESTA DE GÉVAUDAN

 No caso da besta de Gévaudan, a melodía da vinganza convertiuse en flores que cairon sen follas. Que cambios sobreviron a Vanitas e aos demáis no mundo das últimas neves? Chega o momento de elexir. E ven cuns sentimentos que non son negociables.








👉 LIQUID MEMORIES (Vol. 1 e 2)

Autor: Fidel De Tovar e Daniel Bermúdez



Sinopse:

A derradeira obra dos autores de Arashiyma
Thriller apaixoante ambientado no Londres actual. 
Unha serie de violentos asesinatos sacude a tranquilidade dos habitantes de Londres; Ó parecer, todos os crímenes teñen algo en común: a agua. Será o inspector Kolt capaz de desentrañar o misterio que se esconde tras eles? Pero… e se foras un asasino e non o souberas?


👉 ANOTHER (Vol. 1, 2, 3, 4 y 0)

Autor: Ayatsuki Yukito         



Sinopse:
En 1972, Misaki, un popular estudiante da clase 3-3 da Yomiyama NorthMiddle School, morreu repentinamente na mitade do curso. Impactados pola pérda, seus compañeiros e profesores siguieron actuando como se estivera vivo.Tal é así que incluso pudo vislumbrarse unha extraña presencia na foto de graduación. 
Na primavera de 1998, un mozo de 15 años chamado Koichi Sakakibara é trasladado a esa mesma clase, alí coñece a Mei Misaki, unha moza bastante rara á que tanto seus profesores coma compañeiros de clase ignoran. 













📝NOVELAS📝



👉 A IRA DOS MANSOS 

Autor: Manuel Esteban



Sinopse:
O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. 



👉 A CASA DE BERNARDA ALBA

Autor: Federico García Lorca




Sinopse:

Alfaguara Clásicos  trae unha das obras máis valoradas de Federico García Lorca nunha  preciosa edición íntegra e ilustrada.

Cinco irmáns, unha nai conservadora e un entorno marcado polos costumes sociais da época.

Cando o seu pai morre, as cinco fillas son obrigadas a gardar luto encerradas na súa casa. Isto despertará nelas un gran desexo de liberdade e de loita nun ambiente asfixiante.




👉 EL RESPLANDOR

Autor: Stephen King



Sinopse:

REDRUM: Esa é a palabra que Danny vira no espello. E aínda que non sabía ler entendeu que era unha mensaxe de horror. Danny tiña cinco años e non sabía que os espellos invirten as imaxes pero  tiña probas de que as súas fantasías relacionadas co resplandor do espello remataríam por cumplirse: REDRUM... MURDER, asesinato.

Pero o seu pai  necesitaba aquel traballo: coidar aquel hotel de luxo con máis de cen habitacións durante seis meses. Estarían alí aislados pola neve ata o desxeo. El miraba coma tamén  seu pai se obsesionaba con algo moi malo, tan malo como a morte e o suicidio. 

👉   «Terrorífica... ofrece horrores a un ritmo intenso e infatigable.»  The New York Times




👉 POR TRECE RAZONES

Autor: Jay Asher




Sinopse:

A novela best seller na que se basa a serie de Netflix.

Non podes poñerlle freno ao futuro. Nin reescribir o pasado. A única forma de revelar os segredos é... darlle ao «Play».

Unha caixa, trece caras de casete, trece culpables e unha víctima.

Apenas pasaron duos semanas dende o suicido de Hanna, cando Clay atopa unha misteriosa caixa na porta da súa casa. A caixa contén uns casetes que serán o comezo dun perverso xogo que involucrará a tódolos responsables da morte de Hanna.





👉 ALLÍ DONDE NACE EL DÍA

Autor: Sarah Clark



Sinopse:

1835. Kimi foi testemuña directa da invasión maorí das súas terras. Dolorosamente, comprendeu que as leyeis dos seus deuses non a poden protexer. Tampouco o home do que agarda un fillo poderá salvala.

Ao mesmo tempo, unha xoven alemana, Ruth, decidiu viaxar ao fin do mundo tras o soño do home que ama. Pero realmente paga a pena seguir os pasos dun home sempre alexado de ela?

Ambas mulleres deberán tomar as rendas do seu destino e loitar polo seu futuro e a súa felicidade.



👉 EL TERCER PARAÍSO

Autor: Cristian Alarcón



Sinopse:

Un escritor cultiva o seu xardín no extrarradio de Buenos Aires. Ata alí acuden os seus recordos da infancia nun pobo do sur de Chile, as historias das súas ancestras, súa avoa, súa nai. Tamén o exilio na Arxentina e cómo nese desterro son as mulleres as que  sementan a horta, os xardíns, a solidaridade, o colectivo.

PREMIO ALFAGUARA DE NOVELA 2022

Unha novela que «abre unha porta á esperanza de atopar un pequeno un refugio fronte ás traxedias colectivas» (Da acta do xurado)


👉 EL RUIDO DEL TIEMPO

Autor: Julian Barnes



Sinopse:

Stalin asiste a unha representación de Lady Macbeth oculto tras unha cortina. Dous días despois un demoledor editorial acusa ao seu autor de desviacionista y decadente. Son os anos do Gran Terror, e o músico sabe que unha acusación como esa pode significar a deportación. Pero Shostakóvich sobrevive, comporá música heroica e patriótica durante a Segunda Guerra Mundial. 

A historia de Shostakóvich e Stalin é un exemplo desolador das relacións entre arte e poder. Un dos grandes compositores do s. XX adaptou a súa arte á estética oficial pero salvou a vida e, morto Stalin, acabou consagrado como uno dos grandes creadores soviéticos. Polo camino deixou unha parte da súa alma, da súa dignidade e ambición artística. Esta é a súa historia.



👉 O QUE NON SABÍAS

Autor: Elba Pedrosa


Sinopse:

Por veces, as pegadas que deixa a vida son tan intensas que esborranchamos o presente coa dor do pasado e co silencio. Marisa, muller afouta e tenaz, non vai permitir que os erros da mocidade nin os prexuízos lastren o seu destino. A través das lembranzas da adolescencia, o seu fillo Roberto proxecta a admiración incondicional cara a ela e culpa do desacougo ao proxenitor. Esta novela condúcenos por sentimentos confrontados que exploran vidas cotiás e os seus pasados, vidas nas que tamén se agochan inconfesables segredos familiares e momentos complexos, especialmente para as mulleres. "O que non sabías" é unha historia intimista, calma, de miradas significativas, de contrastes e paixóns. Unha procura de liberdade e amor na que o silencio impregna con protagonismo as persoas, e o mar devolve o que un día levou.



👉 CATRO XINETES

Autor: Anxo Fariña



Sinopse:

Quizais nunca pensaches. Quizais nunca te planteaches que algo así poida ocorrer.Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento qué sentirías se un día descubrises que vas a ser o causante da morte de seis mil millons de persoas. Imaxina que es un Xinete do Apocalipse.



👉 INVISIBLE

Autor: Eloy Moreno



Sinopse:

Emotiva, conmovedora, diferente... Invisible narra, a través dos ollos dun neno, unha historia que podería ser a de calquera de nós.

Quen non  desexou algunha vez ser invisible?

Quen non  desexou algunha vez deixar de selo?

O problema é que nunca  cheguei a controlar ben ese poder.

Ás veces, cando máis ganas tiña de ser invisible, era cando máis xente me miraba, e en cambio, cando desexaba que todos me miraraan, era cando ó meu corpo lle daba por desaparecer.



👉 LAS VENTAJAS DE SER UN MARGINADO

Autor: Stephen Chbosky



Sinopse:

Charlie, un rapaz inxenuo, mordaz e solitario, acaba de empezar o instituto. Vive cos seus pais, a súa popular irmá e un irmáno maior que está a piques de comezar a universidade. A cousa non pinta demasiado ben o primeiro día de instituto cando só consigue facer un amigo: un alternativo profesor de Lingua interesado en espertar ó xenio creativo de Charlie.

Cando coñece á bela Sam e ao excéntrico Patrick, uns rapaces cheos de gañas de exprimir a vida ao máximo, empeza a comprender o que é crecer e facerse adulto. Xunto a eles percorrerá camiños novos e inesperados: descubrirá música nova, empezará a beber, a fumar, a saír de festa... e incluso se namorará por primeira vez.




👉 AMANDA BLACK (1, 2, 3)

Autor: Juán Gómez Jurado, Bárbara Montes


Sinopse:

«Amanda Black» é a nova serie para nenos de Juan Gómez-Jurado e Bárbara Montes. Aventuras repletas de misterio, acción trepidante e cun ritmo frenético.
«Antes da fin de semana, o banco nos botará á tía Paula e a mín da Mansión Black. Esa era a maior das miñas preocupacións ata fai tres segundos.
A corda coa que estaba descendendo dende o piso 180 da Torre Dagon Corp. foi cortada. 
Agora mesmo caio dende catrocentos setenta e sete metros de altura. Tampouco é esa a maior das miñas preocupacións
A maior das miñas  preocupacións é que o que cortou a corda é o meu mellor amigo. Ou alo menos eu cría que o era»


👉  LA BIBLIOTECA DE MEDIANOCHE

Autor: Matt Haigh


Sinopse:

PREMIO GOODREADS 2020 Á MELLOR OBRA DE FICIÓN

Entre a vida e a morte hai una biblioteca. E os estantes desa biblioteca son infinitos. Cada libro da a oportunidade de probar outra vida que poderías ter vivido e de comprobar cómo cambiarían as cousas se  tomaras outras decisións... Farías algo de maneira diferente se tiveras a oportunidade?




 📋  DIVULGACIÓN  📋

👉 SOMOS AGUA QUE PIENSA

Autor: Joaquín Araújo



Sinopse:


Este libro aspira a regar as sensibilidades na procura de cómplices da primeira materia prima da vivacidade. 


Secas, contaminación, despilfarro, pero sobre todo o desastre climático están convertindo a sustancia máis orixinal do cosmos en algo cada día menos asegurado.

É o que Joaquín Araújo leva facendo case toda a súa vida dende múltiples enfoques, experiencias directas e unha mirada que, coma el insiste, logra a través desas dous grandes gotas de Agua coas que mira. Todo isto pensado e sentido por un cerebro, que coma todos os  nosos é case todo auga.








    Despois dun longo e duro segundo trimestre por fin chegan as vacacións de Pascua, un momento estupendo para descansar, desconectar e desfrutar lendo novas historias ou aventuras
 por iso a biblioteca trouxo novos libros para que non quedes sen ... 🎉SORPRESAS🎉

💭 BANDA DESEÑADA 💭


👉 MAFALDA. FEMENINO  SINGULAR

Autor: Quino



Sinopse:

Mafalda é unha das máis ilustres feministas da nosa  época.

As viñetas do xenial Quino adquiren hoxe unha forza extraordinaria e nos axudan a tomar conciencia do camiño percorrido e por recorrer para conseguir a igualdade de xénero.

Este volumen da boa conta do carácter feminista desta rapaza que aos seus seis anos reinvindica a curiosidade,  a educación, o espíritu crítico e o papel da muller no mundo, e que non está disposta a convertirse nunha ama de casa de clase media.




👉 MAFALDA. PRESIDENTA

Autor: Quino



Sinopse:

Farta da intolerancia e de os humanos non nos poñamos de acordo, Mafalda desplega o mellor de sí mesma no análise crítico da realidade política e social que a circunda.

Baixo a súa lupa pasan a democracia, o estado do mundo, a desafección dos gobernantes, os conflicos internacionais, a pobreza, o coidado do planeta,... unha mirada reivindicativa, solidaria e irreverente nunca exenta de esperanza e humor, que segue sendo hoxe máis actual que nunca.




👉 BORDADOS

Autor: Marjane Satrap



Sinopse:

Aoredor dunha mesa preparada con samovar, té e pastas, varias mulleres dispoñense a pasar a tarde. Os temas de conversa desembocan pronto nos amores, o sexo e os caprichos dos homes. Con eles irán desvelando os máis íntimos segredos deste elenco de mulleres fascinantes, así como os seus medos,  remordementos e varias anécdotas escandalosas. Bordados é un libro radicalmente vivo que nos ensina qué significa ser muller, non só nun país islámico, se non en calquera lugar do mundo.








👉 FRIDA

Autor:  Sebastién Pérez e Lacombe Benjamín



Sinopse:

Unha mirada íntima e introspectiva, excepcional e portentosa, á personalidade da xenial artista e un dos principais iconos da cultura latinoamericana do século XX.Sébastien Perez alterna os seus textos poéticos con extractos dos cadernos personales de Frida que nos transmiten as súas máis profundas emocións, mentres que Benjamin Lacombe as plasma en ilustracións e nos transporta ao máis fondo da súa alma a través dunha sucesión de páxinas troqueladas.


📝NOVELAS📝


👉 TRESCATORCEDEZASEIS 

Autor: Rocío Leira




Sinopse:

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor.
Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.
Comeza o xogo!




👉 LA CLAVE SECRETA DEL UNIVERSO

Autor: Lucy y Stephen Hawking

Sinopse:

A George nada lle gusta máis no mundo que mirar as estrelas; tamén lle encantaría ter un ordenador co  que navegar e coñecer máis sobre o Universo, pero sabe que iso é misión imposible. Na casa, os seus pais son tan ecoloxistas que non queren nin oír falar do progreso e a ciencia.Pero o que eles non saben é que o enimigo está moi preto. Acaba de chegar un novo veciño que, horror!, é un eminente científico, e iso, para os pais de George, só significa unha cousa: perigo. Se imaxinaran o que lle esperaba ao seu fillo, nunca lle deixarían entrar na súa casa...







                                 ⌛ DIVULGACIÓN 


👉 CUENTOS PARA NIÑOS QUE SUEÑAN CON CAMBIAR EL MUNDO

Autor: G.L Marvel


Sinopse:

Neste libro podemos atopar a inspiradora vida de 50 nenos que se convertiron en héroes. Con Alan Turing, Albert Einstein, Andre Agassi, Antoine de Saint-Exupéry, Charles Darwin, Dalái Lama, Félix Rodríguez de la Fuente, Haile Gebrselassie, Harvey Milk, Iqbal Masih, Jacques-Yves Cousteau, Jamie Oliver, John Lennon, Julio Verne, Kílian Jornet, Leonardo Da Vinci, Louis Braille,... e moitos máis!






👉 PIONEIRAS: Galegas que abriron camiño

Autor: Anaís Rodríguez e Nuria Diaz



Sinopse:

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.


👉 PIONEIRAS Galegas que abriron camiño  2

Autor: Anaís Rodríguez e Nuria Diaz



Sinopse:

Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.


👉 CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES

Autor: Anaís Rodríguez e Nuria Dia



Sinopse:

Había unha vez unha princesa... unha princesa? Qué?! Había unha vez unha rapaza que quería chegar ata Marte. Érase unha vez unha muller que se convertiu nunha das mellores tenistas do mundo e outra que descubriu cómo se da a metamorfose das mariposas.

De Frida Kalo a Jane Goodall, de Coco Chanel a Nina Simone, das irmás Bronte a Marie Curie este libro narra as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes e, ademáis, conta coas ilustracións de 60 artistas de todo o mundo. Estas mulleres son cen exemplos de determinación e audacia para as que soñan en grande. 





👉 CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES 2

Autor: Elena Favilli e Francesca Cavallo


Sinopse:

O libro reúne cen novas historias de mulleres extraordinarias de todo o mundo. Dende Beyoncé, pasando por J. K. Rowling, ata Madonna; dende Rigoberta Menchú pasando por Nefertiti ata Isadora Duncan, retratadas todas polas 50 ilustradoras máis importantes de todo o mundo.

Despois do éxito do primero libro, a selección de historias deste segundo volumen foi realizada coas aportacions da gran comunidade de lectores e lectoras que #Niñasrebeldes #RebelGirls  creou.  







👉 CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES INMIGRANTES

Autor: Elena Favilli


Sinopse:

Este novo volumen contén 100 biografías de mulleres inmigrantes obrigadas a deixar o seu país de orixe por varios motivos. Algunhas buscaban mellores oportunidades, outras non tiveron elección.

Aquí encontrarás as historias de mulleres como Madeleine Albright, Asma Khan, Carmen Miranda ou Rihanna. De chefs a ciruxanas, pasando por músicas, políticas ou campeonas deportivas. Cen novas historias que ensinan ás nosas nenas a perseguir os seus soños, sen importar o grandes que sexan.






                   💕  POESÍA  💕


👉 CAMPO DE PLUMAS 

Autor: Jesús Castro Yáñez



Sinopse:

Un percorrido histórico pola poesía LGBT+ internacional

Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ao longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe.


👉 NINGUÉN MORREU DE LER POESÍA

Autor: Aldaolado




Sinopse:

Ninguén morreu de ler poesía é unha instantánea do país da poesía, unha postal, unha guía de viaxes, un souvenir, un «estiven en Aldaolado e acordeime de ti». Pégao na porta do frigorífico. Técelle un tapete de fío e pono enriba da tele.



👉 MODA GALEGA RELOADED

Autor: María Reimóndez




Sinopse:

Neste novo poemario a autora retoma os temas do anterior libro, Moda galega, pero quizais máis cruamente. Pois a crise económica non semella afectar ao capitalismo nin ao patriarcado. Todo o contrario. É o Moda galega reloaded unha volta á cidade para comprobar, con certo humor, o estado das cousas.




 

👉 ANTOLOGÍA POÉTICA

Autor: Mario Benedetti



Sinopse:

Unha antoloxía personal co gallo do centenario do autor uruguayo, o poeta contemporáneo en español máis querido por varias xeracións de lectores.
«Mario Benedetti é o poeta dos poetas. E ese é un cargo que só aos poetas que se fixeron a si mesmos non lles pesa. Non lle coñecín como home, pero intuio nos seus versos a area mollada dos seus dedos, e iso é case igual de revelador. Que viva Mario, que viva a súa poesía.» (Joan Manuel Serrat).




👉 PORNOGRAFÍA

Autor: Lupe Gómez Arto


Sinopse:

Poemas fráxiles e punzantes que, conforme se len, vanse xerando sutís cortocircuitos. «A poesía surxe en mí como unha urxencia natural. Sae libre, coma un chaparrón, coma unha fiesta. A poesía está debaixo dos mineros e os borrachos, onde as nenas suspiran. Alí teño un caixón onde meterme e destrozar o camiño. Romper a creación, imaxinarnos deuses en vez de aspirar a ser marionetas que circulan correctamente polas rúas».












🎉🎊 Chegou o entroido! Perrucas, máscaras, orellas, filloas,... e libros:  moitas novas historias chegaron a nosa biblioteca para poder, de verdade, converternos en quen  desexemos e viaxar a onde queiramos... deixa voar a túa imaxinación!





🍙 MANGAS🍙



👉 MORIARTY  EL PATRIOTA 

 Autor: Tomori Miyoshi


Sinopse:

O ARCHIENIMIGO DE SHERLOCK HOLMES TAMÉN TEN AS SÚAS  MOTIVACIÓNS PARA ACTUAR. 
O brillante profesor universitario James Moriarty fai tamén a labor de asesor, poñendo a disposición dos que o necesiten a súa intelixencia  e astucia. O que case ninguén sabe é que o seu obxetivo non é tanto axudar, se non desestabilizar a sociedade vitoriana! Orixinal plantexamento da historia deste carismático personaxe de Sir Conan Doyle.
     







👉 ALGO ENTRE NOSOTROS

 Autor: Hagi


Sinopse:

Canta beleza nuns ollos anegados de bágoas...! Era a primeira vez que veía a alguén chorar. 
A imaxe de Koga chorando conmove a Tajima e remata por cautivalo inesperadamente. Sen embargo, o motivo das bágoas resulta ser nin máis nin menos que a morte do querido pez dourado de Koga... causada por Cerdi, o gato de Tajima. Este trata de encontrar unha forma de desculparse e, ao  final, termina facéndose amigo de Koga, o que o levará a descubrir un secreto...





👉 ORANGE

 Autor: Ichigo Takano


Sinopse:

O primero día de clase, Naho recibe unha misteriosa carta de quén di ser el no futuro na que predice de forma exacta cada cousa que está a piques de sucederle. Ademáis, a remitente aconsexa non realizar determinadas accións. Facendo caso omiso, Naho invita ao rapaz que acaba de chegar dende Tokio, Kakeru, a saír cos seus amigos. Pero algo terrible lle ocorre a Kakeru ese día, algo que podería non suceder se voltara antes a casa. Sabéndoo, Naho decide seguir as instruccións que recibe dende un mundo futuro no que Kakeru xa non existe. Pero facer frente ao presente sen deixar oco para o arrepentimento non resulta tan sinxelo como semella.



👉 MAGUS OF THE LIBRARY

Autor: Mitsu Izumi


Sinopse:

ADÉNTRATE NESTA AVENTURA CHEA DE FANTASÍA E DESCOBRE A MAXIA DOS LIBROS. 
No pequeno pobo de Amun vive Theo, un mozo que adora os libros pero que debido ás súas orellas puntiagudas e a súa condición de pobre non se lle permite entrar na biblioteca do  pobo. Aínda así, el soña con ir a Aftzaak, a cidade dos libros, onde a xente está libre de prexuízos e non sente ningún odio polas persoas coma el. Pero un bo día, chega unha afna; é dicir, unha bibliotecaria da Biblioteca central de Aftzaak, e a súa vida cambiará para sempre ...


👉 ATELIER OF WITCH HAT

Autor: Kamome Shirihama



Sinopse:

Coco, que vive nunha pequena aldea, sempre desexou ser maga. Sen embargo, só poden chegar a selo aqueles que nacen co don da  maxia; ós demáis nin tan sequera lles está permitido ver cómo lanzan conxuros. Por iso renunciou ao seu soño,... ata que, un bo día, visita o taller da súa nai o mago Qifrey. Entón consegue espexalo cando se dispón a realizar un encantamento e... o desespero torna esperanza neste conto sobre unha nena que soñaba con convertirse en feiticeira!



 

📓 NOVELA📓



👉 O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN

Autor: Berta Dávila


Sinopse:

Emma Olsen afronta os seus derradeiros meses de vida afectada por unha enfermidade terminal e sabe que a morte non tardará en chegarlle. Mais Emma Olsen é escritora, e decide dedicar o tempo que lle queda a rematar unha novela que non é exactamente unha novela, senón unha crónica en primeira persoa dos anos máis importantes da súa vida, os do final da adolescencia. Escribe para revelarnos unha historia de segredos agochados moito tempo. E por iso regresa a Faith, a pequena cidade perdida do Medio Oeste norteamericano na que naceu, un lugar no que semella non acontecer nada interesante nunca.





📖Premio de Narrativa Breve Repsol 2013


👉 O DERRADEIRO LIBRO DE EMMA OLSEN. Novela gráfica

Autor: Berta Dávila e Pablo Prado


Sinopse:

Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos esta novela gráfica. De novo os mesmos personaxes atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias. Capaces de amar, de odiar, de agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin. Escritora e debuxante en simbiose incrible para facer unha novela nova que, sendo a mesma, é radicalmente diferente.






👉 A LA CAZA DE JACK EL DESTRIPADOR

Autor: Kerri Maniscalco


Sinopse:

Inspirada nos asasinatos de Jack o Destripador. 
Audrey Rose Wadsworth, de dezasete anos, naceu como filla dun Lord, con toda unha vida de riqueza e privilexios por diante. Pero entre as festas de té e os vestidos de seda leva unha vida secreta. En contra dos desexos do seu severo pai e as expectativas da sociedade, Audrey escapa con frecuencia ao laboratorio do seu tío para estudar a práctica da medicina forense. Cando o seu traballo cunha serie de cadáveres asasinados salvaxemente a arrastra á investigación dun asasino en serie,  a súa procura de respostas a levará moi preto do seu propio mundo protexido. 


👉 EL PARÁSITO Y OTROS CUENTOS DE TERROR

Autor: Arthur Conan Doyle


Sinopse:

O lector atopará nestas páxinas dende historias de pantasmas, como "A mano parda", ou inspiradas no antigo Exipto, como "El anillo de Toth", ata relatos de criaturas incríbles, como "Espanto en las alturas", ou de vinganzas terribles, como "La catacumba nueva". 
Este volume trae "El parásito", unha novela curta que narra unha historia atípica de vampiros, na que o vampiro, a diferenza dos seus irmáns de sangue, non persegue unha posesión física da vítima se non psíquica. A edición se completa cun variado álbum de ilustracións.



👉 ANA, LA DE TEJAS VERDES

Autor: Lucy Maud Montgomery


Sinopse:

Matthew e Marilla levan unha vida tranquila e rutinaria no pequeno pobo de Avonlea. Xa vellos, deciden adoptar un orfo para que os axude coas tareas da granxa. Pero en vez do neno prometido polo orfanato, a casa dos Cuthbert chega Ana, unha nena valente e apaixoada cunha imaxinación desbordante que conquistará a todo o mundo.








👉 EL VALLE DE LOS CABALLOS

Autor: Jean M. Auel


Sinopse:

Segunda parte de "Los hijos de la Tierra", tras el Clan del Oso Cavernario, a máis fermosa saga prehistórica xamáis contada.
Tras ser expulsada do clan dos neandertais, Ayla decide buscar aos da súa propia estirpe, os cromañóns, e emprende unha viaxe chea de perigos e aventuras ata que atopa unha cova onde refuxiarse durante un tempo, preto da que coincide con Jondalar, un descoñecido que está ferido e a quen curará.








👉 LOS CAZADORES DE MAMUTS

Autor: Jean M. Auel


Sinopse:

Terceira parte de "Los hijos de la Tierra", a máis fermosa saga prehistórica xamáis contada.

Despois duns meses no Val dos Cabalos, a parella formada por Ayla e Jondalar inician unha nova viaxe. Cando se atopan cos mamutoi, un clan de cromañóns, deciden permanecer unha tempada con eles. Na relación entre Ayla e Jondalar surxen as primeiras dificultades, cando coinciden con Ranec, un home atractivo que se namora de Ayla.




👉LAS LLANURAS DEL TRÁNSITO

Autor: Jean M. Auel


Sinopse:

Cuarta parte de "Los hijos de la Tierra",  a máis fermosa saga prehistórica xamáis contada.
Ayla y Jondalar emprenderán unha viaxe a cabalo ata os seus lugares de orixe, o curso da súa aventura será a través de grandes extensións chás batidas polo vento na Europa da Era Glacial. Coñecerán otras tribos, que por non coñecer a domesticación de animais nin os métodos de curación, os consideran seres enigmáticos e temibles. Na súa viaxe aprenderán que o mundo descoñecido pode ser difícil e traicioneiro, pero tamén profundamente fermoso e aleccionador.




👉 ERAGON

Autor: Christopher Paolini


Sinopse:

Eragon descobre unha xoia mentres está cazando no bosque. Esta xoia resulta ser un ovo de dragón. Os Xinetes protectores da paz do Imperio, e os únicos capaces de controlar aos intelixentes dragóns, extinguíronse ou pasaron a formar parte das tropas da malvado rei Galbatorix. Os elfos fai tempo que marcharon a un lugar oculto, e os vardenos, ocúltanse en cidades protexidas. 
Cando Eragon, atopa a xoia no medio do bosque, pouco espera que ese suceso vaia cambiar a súa vida e o destiño do reino. 




👉 RÍO SEN PONTE

Autor: Ilse Losa



Sinopse:

Trala publicación en 2019 de El mundo en que viví, aparece agora por primeira vez en español Río sin puente, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. 

Alemania 1933. Jutta Berner vese obligada a abandonar a súa terra natal por motivos económicos e se reinstala cos seus pais na cidade onde vive Johann Schuster co seu pai, Bernhard Schuster, propietario dunha tenda de telas e roupa.  Jutta e Johann se coñecen nunha Asociación da Xuventude, e Jutta sente que nel atopa unha confianza e benestar que non experimentara ata ese momento. Sen embargo, a súa relación vese interrumpida polas circunstancias políticas e económicas que os rodean.





📊DIVULGACIÓN📊


👉 MALAS MUJERES

Autor: María Hesse


Sinopse:

Dende a aparición dos primeiros mitos, o universal foi a narración dos homes, esa visión masculina que dibuxou a uns e a outras, dixo que debiamos ser "puras, dóciles e amorosas" advertindo ao mundo contra as malas mulleres, xa foran vengativas gorgonas, crueis madrastras ou Evas incautas que cargaron coa culpa do noso destino.

María Hesse revisa a esas princesas pasivas, bruxas perversas, malas nais e secundarias perfectas, e, de Madame Bovary a a Yoko Ono ou de Helena de Troya a Monica Lewinsky, reivindica a necesidade de atopar outros referentes, novas lecturas da Historia e inspiración para ser simplemente mulleres.






👉 SI VENIMOS DEL MONO POR QUÉ SOMOS TAN CERDOS

Autor: Big Van


Sinopse:

É posible estornudar sen pechar os ollos? Poderá conseguirse o teletransporte? Qué hai de certo no de Moisés e o Mar Vermello?  Estas son algunhas das preguntas frikis que os científicos do grupo Big Van escoitan cada vez que se poñen diante do seu público. 
Os autores de Si tú me dices gen lo dejo todo volven a explicar con humor, as cuestións máis incríbles da ciencia, esas que suscitan a curiosidade e o interese da xente.  
107 (fermoso número primo!) preguntas e respostas que permitirán saber de unha vez por todas qué foi antes: o ovo ou a galiña?




👉 MALA FEMINISTA

Autor: Roxane Gay



Sinopse:

Cando Roxane Gay se autodenominou «mala feminista» recoñecía que non podía cumplir cos requisitos de perfección do movimento feminista. Nunha charla reflexiva e provocadora nos pide que aceptemos tódolos matices do feminismo. Para ela vivimos nun mundo apaixoante, cheo de distraccións que nos gustan, incluso se van contra os nosos principios. Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clichés sexistas de moitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cine absurdo, a cor rosa, series como Girls ou ler a  revista Vogue. Roxane Gay utiliza exemplos da cultura pop para poder falar do aborto, da maternidade, do acoso sexual, etc






👉 UNA EDUCACIÓN

Autor: Tara Westover



Sinopse:

Nacida nas montañas de Idaho, Tara Westover creceu en armonía e doblegada as leis que establece o seu pai, un mormón fundamentalista convencido de que a fin do mundo é inminente. Nin Tara nin os seus irmáns van á escola ou ó médico. Todos traballan co pai, e a súa nai é curandeira e única parteira da zona.

Tara pon por primeira vez os pés nun aula aos 17 anos: non sabe que houbo dúas guerras mundiais, pero tampouco a data exacta do  seu nacimento. Pronto descubre que a educación é a única vía para fuxir do seu fogar. Así preparará o examee de ingreso na universidade, cruzará o océano e graduarase en Cambridge, aínda que deba romper os lazos coa súa familia.



Un dos libros máis importantes do ano según The New York Times, que asombrou xa a máis de medio millón de lectores.





👉 ENIGMAS

Autor: Victor Escandell


Sinopse:

Divírtete resolvendo esta recopilación de 25 enigmas de misterio na que practicarás dous maneiras diferentes de pensar e de analizar as incógnitas que se te plantexan: algúns enigmas os resolverás utilizando a lóxica e outros, coa imaxinación. Poderás xugar so, por equipos ou en familia. Cantas máis personas se apunten, máis divertido será o xogo, pero se é pouca xente, tamén os divertiredes un montón! Convírtete nun auténtico detective, busca pistas, utiliza a mente e resolve o enigma!


  

🔅 POESÍA 🔅


👉 FRAGILIDADES

Autor: Sara Búho



Sinopse:

A beleza reside en todo aquelo que non é intocable. A fraxilidade florecenos momentos de maior incerteza, pero é algo do que non nos podemos desprender. 

Neste poemario a esencia do fráxil desperta para facernos ver que está presente en todos nos e que podemos valorala como algo fermoso.







👉 LA INERCIA DEL SILENCIO

Autor: Sara Búho



Sinopse:

O silencio, cando te acompaña, remata por descompoñerte. A inercia do silencio é un lugar onde nin o movemento nin a quietude teñen voz propia; onde tanto o amor coma o desamor se intúen. Un espazo onde cada sentimento faise inmenso e permanece para sempre no corpo, atrapado coma un paxaro que non pode voar. 

Nestas páxinas están guardadas as palabras dunha nena que creceu asustada e as da muller que se atreveu a comprender os seus medos falando con ela.




👉 Y YO A TI

Autor: Sara Búho


Sinopse:

A poesía de Sara Búho vaise abrindo paso porque os seus versos fan boas preguntas sobre a identidade, o desexo o o abandono, indagan quén é a xente que deixa pisadas coas nosas máns no lugar do crime ou dubidan se a nostalxia é o amor ás feridas e por iso non podemos deixar de pensar nos que nos deron motivos para botalos de menos. (Benjamín Prado).






_______________________________   👇👇👇___________________________________

       Este novo ano ven cargado de novidades para a nosa  biblioteca, que cada           día medra e luce máis acolledora e cómoda. Pásate por eiquí e deixate                 sorprender polas novas historias e aventuras que, de seguido, te                             presentamos:


                                           📜  POESÍA   📜 

👉 ARDER EN AGUA, AHOGARSE EN EL FUEGO

 Autor: Charles Bukowski


     Sinopse:
     
 
     En 1974 o autor maldito,Charles Bukowski, 
    fixo unha revisión da súa obra e decidiu 
    reunir os que considerou os seus mellores
    textos líricos neste excepcional poemario.

 

 

 

 

 

                    📋  DIVULGACIÓN  📋

👉 ATLAS DEL MUNDO. Edición púrpura

Autores: Aleksandra Mizielinska y Daniel Mizielinski


 
Sinopse:
 
 Edición especial de quinto aniversario que amplía en vinte países os contidos da primeira edición, que se convertiu en best seller.  
Agora seguiredes as pegadas vikingas en Dinamarca, encontraredes gorilas na selva do Congo e conoceredes aos músicos máis famosos de Cuba, os xardíns persas de Irán ou a arquitectura tradicional de Corea do Sur. Admiraredess a diversidade do mundo e descubriredes os seus rincóns máis interesantes.

              


 👉 SAPIENS, DE ANIMALES A DIOSES

Autor: Yuval Noah Harari


 
Sinopse:
 
 Bestseller internacional con máis de 10 millóns de exemplares vendidos. Nº 1 na lista de The New York Times. Recomendado por Barack Obama, Bill Gates y Mark Zuckerberg.
  
Unha breve historia da humanidade, dende os primeiros humanos que camiñaron sobre a Terra ata os radicais e ás veces devastadores avances das tres grandes revolucións que a nosa especie protagonizou: a cognitiva, a agrícola e a científica.
 

 


 👉 HOMO DEUS

Autor: Yuval Noah Harari


 Sinopse:
 
 Bestseller internacional con máis de 1 millón de exemplares vendidos. 
 
Homo Deus explora os proxectos, os soños e os pesadelos que configurarán o século XXI: dende superar a morte ata a creación da intelixencia e a vida artificial.
A onde nos diriximos? Cómo protexeremos o mundo dos nosos propios poderes destructivos? Unha mirada ao futuro da evolución. Unha mirada ao Homo Deus.




 👉 21 LECCIONES PARA EL SIGLO XXI

Autor: Yuval Noah Harari


 Sinopse:
 
Sapiens é un recorrido polo noso pasado.

Homo Deus, unha mirada ao noso futuro.

21 lecciones para el siglo XXI é unha exploración do noso presente.

 
O fío dourado que percorre este estimulante novo libro é o desafío de manter o noso enfoque colectivo e individual frente ó constante e desorientador cambio que estamos a vivir. 
 
 
 
 
 

 👉 LOS ÁRBOLES TE ENSEÑARÁN A VER EL BOSQUE

Autor: Joaquín Araújo


                                                  

 
Sinopse:
 
Unha invitación a sumerxirnos na natureza para reencontrarnos con nos mesmos e para que sexamos conscientes da súa importancia no noso mundo e do perigo que corre. Tamén o que os bosque representan para a biosfera ou a historia do arte, especialmente a poesía e as relixións. Profundiza nas tarefas e destrezas das árbores, esas alquimistas que converten a luz en vida.
 

 


  👉 LA VOZ DE TU ALMA

Autor: Lain García Calvo


Sinopse:

Descobre o secreto da Ley de atracción,aplicando os principios atemporales da espiritualidade, a metafísica e a física cuántica , así como os principios que ensinaron os grandes maestros da historia como Jesús, Buda, Confuncio, etc. Tamén son moitos os grandes maestros actuais que ensinan esto, como Ronda Byrne, Louise Hay, Esther Hicks,... Pero agora por fin vas a obter claridade, xuntando todos esos conocimentos ancestrais e actuais nunha saga de libros que xa se convertiron nun auténtico best seller a nivel mundial.



 📓  NOVELA  📓


👉 PACK "LA SELECCIÓN"

Autor: Kiera Cass


 

Sinopse:  

Para trinta e cinco rapazas, A Selección é unha oportunidade que solo se presenta unha vez na vida. A oportunidade de escapar da vida que lles tocou por nacer nunha determinada familia. A oportunidade de que as trasladen a un mundo de traxes preciosos e xoias que non teñen prezo. A oportunidade de vivir nun palacio e competir polo corazón do guapísimo príncipe Maxon.

Este estuche inclúe os cinco libros da serie best seller mundial: A selección, A élite, A elexida, A heredera, A corona.

 

 


👉 EL HOGAR DE MISS PEREGRINE 1. 

Autor: Ranson Riggs


Sinopse: 

  De neno, Jacob creou un vínculo moi especial co seu avó, que lle contaba estrañas historias e ensínaballe fotografías de nenas levitando e nenos invisíbiles. Agora seguindo a pista dunha misteriosa carta, emprende unha viaxe cara unha illa remota de Gales na que o seu avó se criara. Alí atopa vivos aos nenos e nenas das fotografías aída que os lugareños afirmen que morrerron fai moitos anos.

 

 

 

 

 

👉 EL HOGAR DE MISS PEREGRINE 2. La ciudad desolada. 

Autor: Ranson Riggs

 


 

 





 

 

 

 

 Sinopse: 

 Continúa a viaxe extraordinaria coa fuxida de Jacob Portman e os seus insólitos amigos na procura dunha cura para a súa querida mestra, Miss Peregrine. Perseguidos polos seus inimigos, ao chegar a Londres atopan unha cidade destrozada polas bombas nas que o perigo acecha en cada esquina. Alí deberán enfrontarse a retos que desafiarán as súas asombrosas habilidades.

 

 

 

 

 

👉 EL HOGAR DE MISS PEREGRINE 3. La biblioteca de almas.

 Autor: Ranson Riggs

Sinopse: 

Na súa loita por salvar a Miss Peregrine, Jacob e os seus compañeiros vense envoltos nunha batalla moito maior. Tras escapar do escondite asediado de Miss Wren, Jacob desenvolve novos poderes e traza un plan para recuperar ás ymbrines das crueis garras de Caul. Para isto, deberán viaxar pola Inglaterra victoriana. O destino dos peculiares está en xogo, e só dispoñen desta oportunidade para salvarse para sempre.



👉 CUENTOS EXTRAÑOS PARA NIÑOS PECULIARES

 Autor: Ranson Riggs

Sinopse: 

O libro imprescindible para entender o universo de El hogar de Miss Peregrine para niños peculiares de Ransom Riggs, levada ao cine por Tim Burton.

Antes de que Miss Peregrine lles dera un fogar, a historia dos Peculiares escribíase en contos. Os contos tradicionais sempre conteñen unha verdade. As súas historias son habitadas por princesas de língua bífida, caníbais amables, damas amigas de pantasmas... As súas páxinas esconden información vital para os nenos peculiares e incluso pistas para localizar bucles temporais.

 


👉 LA EXTRAORDINARIA FAMILIA APPENZELL

 Autor: Sebastién Pérez


 Sinopse: 

Os Appenzell, unha familia de banqueiros, viviron rodeados de luxo e beleza ata o nacemento do pequeno Charles. Charles casará con Bérénice, unha muller xirafa e formarán unha familia de individuos físicamente singulares pero dotados dunha alma especial.

Un conmovedor relato, con tintes de humor, que reivindica os dereitos dos que son «diferentes» fronte aos prexuízos e a presión da sociedade imperante.

 

 

👉 LA ESTRATEGIA DEL PARÁSITO

 Autor: César Mallorquí


 
Sinopse:  

Ocúltase; non o ves, pero sempre está alí, observándote, vixiándote, espiando todo o que fas e dis. Aliméntase de ti, depende de ti; por iso se esconde e úsate. Os parásitos nútrense doutros organismos sen matalos. Existen moitos tipos, pero hai un do que nunca oíches falar, unha clase de parásito que nin no máis terrible pesadelo poderías imaxinar. É intelixente, despiadado e posúe un poder aterrador... Pero, ollo, nada resulta ser o que semella.

 

 



👉 MENTIRA

 Autor: Care Santos

Sinopse:

Xenia loita por sacar as mellores notas, impulsada pola ilusión de entrar en Mediciña, pero nos derradeiros días o seu rendemento baixou xa que se namorou dalguén, non dun mozo do seu contorno, se non dunha pantasma, dunha voz surxida de Internet coa que comparte  a súa paixón pola lectura.

 



 

 👏  Premio EDEBÉ 2015


👉 VERDAD

Autor: Care Santos


Sinopse:

Absolto do cargo de asasinato, do que foi inxustamente acusado aos 14 anos de idade, e unha vez probada  a súa inocencia, o xoven Eric sae  do correccional de menores tras catro anos de internamento. Sen embargo, a reinserción nunha sociedade cargada de prexuízos será unha realidade aínda máis dura.
Xenia axudoulle a superar unhas barreiras que consideraba infranqueables, pero será o amor suficiente para superar estas novas dificultades?

👉 MIEDO

Autor: Care Santos


Sinopse:

Hai veces na vida dalgunhas persoas en que de súpeto ocorre algo que o cambia todo. O medo. Medo a vivir. Medo a non soportar a vida. Medo a ter que facelo. Medo a non saber cómo. Medo ao medo. 
Esta historia trata dunha desas  persoas. Pero tamén están os ciumes que nos corrompen  por dentro. A miúdo tamén por fóra. Os ciumes o destrúen todo. Pagando por eles un prezo demasiado alto. Como Eric, como Xenia, como Hugo. Porque aprender a vivir nunca é sinxelo.











👉 USHA


Autor: María Reimóndez


Sinopse:

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, aprendeu novas costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. 








 👏  Finalista do premio Xerais 2005. 


👉 EL CAMPAMENTO

Autor: Blue Jeans

Sinopse:

Todos morren por entrar, pero morrerán se non conseguen saír.


Dez dos rapaces máis prometedores do país foron invitados a un campamento moi especial nos Pirineos. Unha atrevida instagramer, un cantante pop de moda, un exitoso atleta, un estudiante de criminoloxía, unha influencer, a creadora dunha app para frikis, un dos gamers do momento, un mozo que promulga a palabra de Deus e unha conocida actriz son os candidatos. Só terán unha condición: nada de móviles nin comunicación co exterior. No segundo vernes os coordinadores do grupo desaparecen e un dos rapaces morre en raras circunstancias. A partires dese instante todo cambiará e os acontecimientos inesperados iránse sucedendo.





👉  BAJO LA MISMA ESTRELLA


Autor: John Green


Sinopse:

Mellor libro do ano según Time e Entretaintment Weekly. Máis de 7 millóns de exemplares vendidos no mundo. Número 1 nas listas de bestsellers durante meses.

A Hazel e a Gus gustaríalles ter vidas máis correntes. Algúns dirían que non naceron con estrela, que o seu mundo é inxusto. Hazel e Gus son adolescentes, pero se algo lles ensinou o cancro que ambos padecen é que non hai tempo para lamentacións, porque, nos guste ou non, so existe o hoxe e o agora. E por iso, coa intención de facer realidade o maior desexo de Hazel -coñecer ao seu escritor favorito-, cruzarán xuntos o Atlántico para vivir unha aventura contrarreloxo, tan catártica como desgarradora.






👉 MIL VECES HASTA SIEMPRE


Autor: John Green



Sinopse:

Uno de los mejores libros Young Adult de 2017 segúnPublishers Weekly.
  
Aza nunca tivo intención de investigar o misterio do multimillonario fuxitivo Russell Pickett. Pero hai unha recompensa de cen mil dólares e a súa mellor amiga, Daisy, non está disposta a deixala escapar.
Aza está a intentalo. Trata de ser unha boa filla, unha boa amiga, unha boa estudiante e, tal vez, incluso unha boa detective, mentres vive na espiral cada vez máis estreita dos seus propios pensamentos.




👉 EL TEOREMA KATHERINE


Autor: John Green



Sinopse:

Según Colin Singleton existen dous tipos de persoa: os que deixan e os que son deixados. El, sen dúbida, pertence ao segundo. A súa última ex, Katherine XIX, non é unha raíña, se non a Katherine número dezanove que lle rompeu o corazón.

Copropósito de atopar un teorema que explique a súa maldición das Katherines, Colin emprende xunto ao seu amigo Hassan unha aventura que o levará a Gutshot, un pobo de Tennessee, e á sospeita de que na vida a intelixencia non sempre é a mellor compañeira de viaxe.







👉 DONDE SURGEN LAS SOMBRAS


Autor: David Lozano Garbala




Sinopse:

Alex, un adolescente afeccionado aos videoxogos, non parece ter ningún problema... ata que un día desaparece sen dar explicacións. Os seus amigos inician unha búsqueda a contrarreloxo salpicada de dificultades e atroces asesinatos. Que ou quen está detrás desas mortes? Unha novela de misterio que destaca a forza da amizade na superación de dificultades.









👉 EL ODIO QUE DAS


Autor: Angie Thomas


Sinopse:


Starr é unha rapaza de dezaseis anos de idade que vive entre dous mundos: o barrio pobre de xente negra onde naceu, e o seu instituto situado nun elegante barrio residencial branco. O difícil equilibrio entre ambos faise anacos cando ela se convirte en testemuña da morte a tiros do seu mellor amigo, Khalil, a mans dun policía. A partir dese intre, todo o que Starr diga acerca da aterradora noite que cambiou a súa vida poderá ser usado coma excusa por uns e como arma por outros.






👉 ELEANOR y PARK


Autor: Rainbow Rowell



Sinopse:


Unha historia de amor entre dous outsiders o bastante intelixentes como para saber que o primeiro amor nunca é para sempre, pero o suficientemente valentes como para intentalo. 
Todo comenza cando Park accede a que Eleanor sente ao seu carón no autobús do instituto o primeiro día de clase. Ao principio nin se falan, pero pouco a pouco comparten os seus hobbies e comenzan unha relación de amizade... para rematar namorándose da forma na que te namoras a primeira vez, cando eres xoven, e sintes que non tes nada e tes todo que perder.


 
👏  Galardonada co GoodReads Choice Award 2013 na categoría de literatura xuvenil e co Boston Globe Horn Book 2013 ao mellor libro de ficción.


👉 CENICIENTA HA MUERTO


Autor: Kalynn Bayron


Sinopse:

O conto rematou fai xa douscentos anos. Agora as xóvenes adolescentes son requeridas para asistir ao baile anual, onde os homes do reino seleccionan as súas esposas. As rapazas que non son elexidas desaparecen sen deixar rastro.

Sophia é unha xoven de dezaseis anos que preferiría máis que nada no mundo casar con Erin, a súa mellor amiga. Ao chegar ao baile, toma a decisión desesperada de fuxir e remata ocultándose no mausoleo da princesa. Alí coñecerá a Constance, descendiente dunha das medio irmáns de Cincenta.



 

 👉 FUTURO IMPERFECTO

Autor: Xulia Alonso Diaz



Sinopse:

Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcounos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro e un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.




 

 
 

 

 

       ␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥␥

Estos son os libros máis recentes que escollemos para a nosa biblioteca. 

Esperamos que os disfrutedes tanto coma nos.

E se queres converterte nun crítico literario deixa a túa reseña, no espazo Contacta do noso blog, cando remates a túa lectura.

As túas recomendacións son elementais, querido lector!     


                     🏮   MANGAS   🏮

👉 BANANA FISH

Autor: Akimi Yoshida 

Sinopse:

Ano 1973, Vietnam. Un soldado perde os papeis tras musitar as palabras “Banana fish”. 

Ano 1985, Nova York. Ash intenta averiguar qué hai detrás desas palabras, tralas cuais parece cernirse a escura sombra de Papa Dino, un capo mafioso dos baixos fondos.

 

 

👉 LAS QUINTILLIZAS

Autor: Negi Haruba

Sinopse:

Fûtarô, un estudiante de bacherelato, leva unha vida de penurias económicas ata que un día recibe a oportunidade de ser profesor particular. Non obstante, resulta que as súas alumnas son unhas rapazas do seu mesmo instituto e, por si fora pouco, ¡son quintillizas!

Un manga onde os problemas sempre veñen de cinco en cinco!


 

 

👉 LA BLANCANIEVES PELIRROJA

Autor: Sorata Akiduki


Sinopse:

Shirayuki naceu cun cabelo tan vermello como as mazás. Sen embargo, o príncipe Raj, famoso pola súa mala reputación, encaprichouse desta rareza e a importuna  ata o punto que se ve obrigada a fuxir de Tanbarun, o seu país natal. 

No bosque Shirayuki corre grave peligro, pero un rapaz chamado Zen acude ao seu rescate. Cal será a identidade oculta deste misterioso xoven?


 

👉 GUARDIANES DE LA NOCHE

Autor: Koyoharu Gotouge

    

Sinopse:

Tanjiro Kamado  vive felizmente coa súa familia, ata que un día un demonio chamado Muzan mata aos seus pais e maldice a sua irmá pequena Nezuko convertíndoa en demonio. En vinganza Tanjiro decide converterse en asasino de demonios. Para iso acude na procura axuda de Sakonji Urokodaki, un dos asasinos de demonios más fortes do mundo.

 

 

📚  A túa biblioteca opina...

Divertido, aditivo e moi entretido. Non só para os amantes deste xénero pois a historia te cautiva moi rápidamente.

👉  LOS APUNTES DE VANITAS

Autor: Jun Mochizuki

 

  Sinopse:

 París, século XIX. Un grimorio mecanizado propagou unha terrible maldición entre os vampiros que os converten en depredadores en contra da súa propia vontade. Sen embargo, Vanitas, un médico humano, unirá forzas con Noé, un vampiro, na procura do libro de Vanitas, e xuntos entrarán en acción co propósito de liberar aos vampiros das maldicions da lúa azul. Sen embargo, un loup-garou acecha na cidade.

Serán capaces de desentrañar o misterio do grimorio e descubrir quen é o responsable da maldición?

 


👉 DETECTIVE CONAN

Autor: Gosho Aoyama

 Sinopse:

Shinichi Kudo está atrapado no corpo dun neno de seis anos, aunque a súa mente é a dun brillante adolescente. Para evitar ser descuberto, Shinichi mezcla o nome de dous autores de novela negra popular (Ranpo Edogawa e Sir Arthur Conan Doyle)  e adopta a personalidade de Conan Edogawa. 

Baixo dito álter ego destapará, un tras outro, os casos máis difíciles, deixando ás súas contrapartidas adultas á altura do betún.

   

 

  📚  A túa biblioteca opina...

Divertido, intrigante... para os adictos ás novelas policíacas e de misterio pero cun extra de humor.

👉  THE PROMISED NEVERLAND

Autores: Kaiu Shirai e Posuka Demizu


Sinopse:

Emma, Norman e Ray son tres orfos que viven felices no idílico orfanato Grace Field House, esperando o momento no que se lles asignará unha familia adoptiva. 

Todo cambia cando descubren accidentalmente a horrorosa realidade da súa existencia. 

 

 

 

 📚  A túa biblioteca opina...

Manga superameno que supera notablemte á versión anime. Moi adictivo, con persoaxes entrañables e... un montón de sorpresas!

 

👉 FULLMETAL ALCHEMIST KANZEBAN

Autor:  Hiromu Arakawa

Sinopse:

Cando tan solo eran uns nenos, os irmáns Edward  e Alphonse Elric usaron a alquimia para cometer un pecado capital: intentar a transmutación humana. 

O terrible prezo que tiveron que pagar pola súa osadía lisiounos de por vida, pero non se resignan ao seu destino e están dispostos a recuperar os seus corpos. 

Para isto necesitan a sustancia máis especial do mundo: O quinto elemento, a pedra filosofal.

 

 

 👉  FAIRY TAIL

Autor: Hiro Mashima

     Sinopse:

    O gremio de magos Fairy Tail é o máis temido do reino. Alí conviven os magos máis duros, os máis atrevidos... e os máis destructivos.
     Lucy é unha rapaza que quere ingresar en Fairy Tail, para poder desenvolver os seus poderes máxicos. Así coñece a Natsu, un Dragon Slayer, mago que utiliza a  maxia dos dragóns, e que lle permite convertir en lume calquera parte do seu corpo. 

Xunto ao resto dos seus compañeiros enfrontaranse aos encargos máis temibles  incluso contra outros gremios que ansían o poder de Fairy Tail.


👏  Premio Kōdansha ao mellor Shonen 2009.

👉  MACBETH

Autor: William Shakespeare

    Sinopse:

     Macbeth, o leal xeneral de Duncan, comete un     terrible  acto de traición contra a coroa e asasina ao seu monarca tralas maquiavélicas palabras de tres bruxas que din poder prever o futuro e a instigación da súa esposa. 

    O remordimiento empeza a facer presencia na súa  consciencia e, paulatinamente, a liña entre a realidade  e a imaxinación vólvese difusa... 

Que destino lle depara a un reino cuxo soberano alzouse no trono coas mans manchadas de sangue?

 

 

 

 

          📔   NOVELAS GRÁFICAS   📔

👉  EL FANTASMA DE ANYA

Autor: Vera Brosgol

    

   Sinopse:

     Anya ten problemas. Non é a rapaza máis popular do instituto. O seu apelido ruso é impronunciable. Lle sobran un par de kiliños. Está colada polo capitán do equipo de baloncesto... e agora caeu nun buraco onde hayiun esqueleto humano. Que medo! 

   Nese buraco coñecerá a Emily, unha nena pantasma que se converterá na súa mellor amiga e a axudará a triunfar no instituto. Claro que... as pantasmas teñen secretos, e o de Emily pode ser terrorífico.


 📚  A túa biblioteca opina...

Neil Gaiman (autor de Sandman) refiriuno como unha auténtica obra maestra.  Pois é sabido que Neil Gaiman non minte nin esaxera nunca!

 👏  Numerosos galardóns: Premios Eisner 2012 e Premio Cybils 2011 Literatura Xuvenil, entre outros. 

 

👉  CINZIA

Autor:Leo Ortolani

   Sinopse:

    Esta é unha historia de autoaceptación, unha novela gráfica que te golpea primeiro co seu incríble humor e logo se instala directamente no corazón, rompendo unha lágrima. 

   No centro desta montaña rusa de emocións está ela, Cinzia: unha muller transexual na procura dunha vida normal, un personaxe complexo, forte e fráxil, intensamente humano, dividido entre o impulso de ser un mesmo e a presión de ser homologado polos demáis.

 



👉  LA BRUJA MADRINA

Autor: Jill Thomson


Sinopse:
 
En Halloween sempre pasan cousas extrañas. As pantasmas saen das casas encantadas e os monstruos de debaixo das camas. Só queren pasar un bo rato asustando aos cativos! 
Pero a pequena Hannah Marie pronto descubrirá que en realidade non son malos, e xunto á Bruxa Madrina pasaranno de medo!
              


👏  Premio Eisner mellor pintor e mellor historia para lectores xóvenes 2001. 

 

👉  LOS ANIMALES DE BURDEN HILL

Autor: Jill Thompson y Evan Dorkin

   Sinopse: 
   Nun tranquilo barrio residencial, coas súas casas con xardín e amables veciños, vive un curioso equipo de investigadores do paranormal. Nin máis nin menos que un grupo de cans (e un gato) que se meterán en todo tipo de problemas para manter a paz no vecindario. 
 
 Unha obra chea de aventuras terroríficas con ameazas como ranas posesas, cans zombies ou humanos versados na maxia negra. 
 
 
 
 
 
 
 📚  A túa biblioteca opina...
Neil Gaiman (autor de Sandman) considerouno un dos seus comics favoritos. Igualmente o autor de Watchmen (D. Gibbons) tachouno de "alucinante". O equipo da Biblioteca quedou sen palabras: sangue e diversión a partes iguais!
 
👏  Premio Eisner mellor publicación para adolescentes 2010
 
 

                    📖   NOVELAS   📖


 👉  OCHO

Autor: Rebeca Stones

 

 Sinopse:

Hai dous cousas inalterables, o seu pasado e as miñas reglas:

1. O tempo máximo para facer feliz a alguén son 8 semanas.

2. Se considero que podería acadalo, teño 8 días extra

3. Logo desaparezo por completo da vida do paciente, a súa felicidade non pode depender de mí.

Mía se dedica a facer felices ás personas sen que elas saiban que o fai por traballo. Por iso a contratan os pais de Max, un rapaz que tentou suicidarse.

👉 A TRAVÉS DE TI

Autor: Ariana Godoy

  Segunda parte de "A través de mi ventana"

Sinopse:

Que se sente ao vivir con tres rapaces tan guapos?

Como podes vivir con eles?

Poderías conseguirme o seu número de teléfono?

Iso é só un pouco do que aturo dende que os rapaces Hidalgo medraron: Artemis, Ares e Apolo Hidalgo son os responsables dos suspiros das rapazas. Eu crecín con eles aínda que non sexamos familia. Pero non todo é de color de rosa na miña vida.

 


👉  DÍAS SIN TI

Autor: Elvira Sastre

 Sinopse:

  Dora, mestra en tempos da República, comparte con Gael a historia que a levou a ser quen é. Con ternura, pero con crudeza, confesa as súas emocións ao seu neto escultor, un xoven cunha sensibilidade especial, e lle brinda, sen que éste o saiba, as claves para repoñerse das feridas causadas por un amor truncado.
  A través da reflexión e do que ensina a melancolía, esta novela transita esos camiños polos que todos, nalgún momento, temos que pasar para comprender que a vida e o amor son sublimes precisamente porque teñen un final.

 

 

  👏  Premio Biblioteca breve 2019

👉  SIN CORAZÓN

Autor: Marissa Meyer

Sinopse: 

Catherine é unha das rapazas máis desexadas do País das Maravillas, e é a favorita do todavía solteiro Rei de Corazóns. Ela ten outros intereses: abrir unha panadaría xunto coa súa mellor amiga pero a súa nai opina que é unha insensatez. Nun baile de gala no que podería recibir a proposta de matrimonio do rei, Cath conoce a Jest, o bufón da corte. Por primeira vez, sente a forza da auténtica atracción. Co risco de ofender ao rei e aos seus pais, Cath e Jest inician unha relación en segredo. 


👉  DISTANCIA DE RESCATE

Autor: Samanta Schweblin

   

  Sinopse:

   Esta novela con características de thriller e moito suspense se centra na sensación de estar perdendo a un fillo. Un relato inquedante que conta cómo unha tranquila estancia nocampo se pode convertir nun pesadelo. 

 Amanda, a narradora, agoniza nunha salita de emerxencias mentres a voz alucinada e inconsciente de David lle fai preguntas. Amanda non entende porqué se está muriendo, nin dónde está Nina, a súa filla pequena.

 

 

 👏  Aclamada notablemente pola crítica internacional especializada. Premio Ojo crítico e Tigre Juan 2015, entre moitos outros.

 

👉  BOULEVARD

Autor: Flor M. Salvador

Sinopse:

Luke y Hasley non eran o prototipo de  parella perfecta. Sen embargo, ambos puxéronlle unha definición ao que eles crearon.

Unha historia na que dous adolescentes crean o seu propio Boulevard ante a choiva que hai nos seus corazóns, cun ceo pintado de azul cálido nunha parte e azul eléctrico noutra.

Quen dixo que despois da tormenta sae o sol cando pode haber un raio?




👉  SILENCE

Autor: Flor M. Salvador

  Sinopse:

  E se a lenda do fío vermello non só te leva a unha persoa?

  Quizáis te conecta a todas aquelas persoas coas que estás destinada: teus pais, irmáns, amigos, mascotas,... aqueles que serán a túa ledicia, tristura, risas e choros; aquelas que encherán de cor os teus días grises e ás que ti farás sentirse vivas.

  Aquelas sen as que a túa vida sería só silencio...


 


👉  CARTAS AL SEÑOR A

Autor: Anna Sckowicz

 

   Sinopse:

   A avoa estase a esquecer dos nomes dos parentes, das caras,...  todos din que a culpa é do señor A e por iso a súa neta Aniellka decidiu enviarlle cartas para que deixe en paz a súa avoa.

   Un libro universal, único, conmovedor, cálido e cheo de humor envolto en melancolía sobre a loita dunha familia contra unha enfermidade terrible: o Alzheimer. 




👉  REBELIÓN EN LA GRANJA

Autor: George Orwell

 

Sinopse:

Un rotundo e mordaz alegato a favor da liberdade e en contra dos totalitarismos que se convertinu nun..

    💥  CLÁSICO DA LITERATURA DO S. XX   💥

Esta sátira da Revolución rusa e o triunfo do estalinismo, recrea o ambiente das fábulas clásicas para trazar un escenario no que os animais dunha granxa  protagonizan unha revolución na que pronto detectamos sementes de totalitarismos nunha organización aparentemente ideal; e, nos líderes máis carismáticos, a sombra dos opresores máis crueis.



                   🌀   POESÍA   🌀

 

👉  YA NO QUEDAN CIUDADES

 Autor: Defreds (Jose Á. Gómez Iglesias)

 

 Sinopse: 

 
Poemas e microcontos que conmoven por dar un toque no corazón. Defreds aborda o universo do  amor en toda a súa extensión pero non deixa de lado temas tan queridos para el como a amizade, a infancia, a paternidade, a autoestima, a nostalxia e as cancións.

 Neste caso presenta os apartados do libro organizados a través das cidades que marcaron sentimentalmente a vida de Defreds: Marrakech, Oporto, París, Budapest… Todo un descubrimento para os seus seguidores.


 

 

👉  CON UN CASSETTE Y UN BOLI BIC

 Autor: Defreds (Jose Á. Gómez Iglesias)

 

Sinopse:

 

 





👉  CASI SIN QUERER

 Autor: Defreds (Jose Á. Gómez Iglesias)

 


 Sinopse:  

Un dos maiores éxitos de Defreds regresa  ilustrado por Crisbel Robles. 

Unha nova mirada ao amor e aos poemas do poeta que definiu a toda unha xeneración. 

Un título imprescindible para os seus fans e amantes da poesía.





👉  LA ATARAXIA DEL CORAZÓN

Autor: Sara Búho

Sinopse:

Sara presenta no seu primer poemario tódalas palabras que a habitan. Faino dende a serenidade que da o xa vivido, dende a aprendizaxe vital que acompaña aos erros e aos finais. Non ten medo a bucear dentro de sí mesma para dar resposta ás preguntas que se fai en voz alta, e faino sabendo que o resto tamén necesitamos escoitala. 

 

 

 

 

 

       🔍   ENSAIOS e DIVULGACIÓN   🔍

 

👉  ATLAS DE CRIATURAS EXTINTAS

Autor: Nikola Kucharska

 

Sinopse:

Esta guía ilustrada a gran escala da historia da vida na Terra ofrece unha panorámica das especies que se extinguiron: dende os dinosaurios ata as criaturas que deben a súa desaparición ao ser humano, tal vez o animal máis destrutivo de todos os tempos. 

Como se extinguiron os dinosaurios? Como eran o dentes de sable, o mamut, o uro ou o dodo? 

Quenes son os paleontólogos máis destacados? Que museos de historia natural son os mási interesantes? Cales son as especies en perigo crítico de extinción?

 

 

👉  BRUJAS, GUERRERAS, DIOSAS

Autor: Kate Hodges


 Sinopse:

Brujas, Guerreras, Diosas recolle as incríbles historias de cincuenta mulleres de lenda de todo o mundo: dende fadas e espectros ata vampiras, feiticeiras e deusas vudú. Entre as páxinas deste magnífico compendio, desfilan as feroces Furias, as Valquirias ou a espeluznante Medusa, pero tamén outros personaxes singulares como a Muller Búfalo Branco, espíritu indíxena norteamericano, ou Yennenga, a ingobernable princesa africana mossi.

Kate Hodges sitúa a todas estas heroínas ―demonizadas e denostadas en nome do patriarcado e do racismo― a través dunha perspectiva feminista da mitoloxía universal. 

 

📚  A túa biblioteca opina...

Neste libro aprendimos algunhas historias que non coñeciamos aínda sobre mulleres de diferentes relixións que foron fortes e fixéronse oir enfrontandose aos esteriotipos da época na que viviron.

 

👉  HISTORIA DE MENTES

Autor: Arntza Portabales e Javier Zabala

 

Sinopse:

Unha muller con hipermnesia violada, o enamoramiento do supervivente dun accidente aéreo, a valentía dunha executiva na súa oficina frente a un terrorista. A mente do ser humano, en medio da excepcionalidade, perfectamente reflexada gracias á habitual capacidade da nova "dama da novela negra" para engancharnos dende o primeiro momento.

O ilustrador, coa súa visión lírica, apoia e enriquece cada relato convertindo este libro nunha obra literaria excepcional convertida en una xoia gracias á unión creativa de dous mentes extraordinarias

 

 

 

👉  HÉRCULES 1417

Autores: José Villarubia, Das Pastoras e Pedro Villora


Sinopse:

Ambicioso e complexo este libro interpreta historias coñecidas da mitoloxía, derivando de elas consellos éticos, filosóficos e sociais. 

Estas historias non están ordenadas cronolóxicamente, van saltando polo tiempo a distintas etapas da traxectoria escrita por Enrique de Villena en 1417, aunque a última, onde Hércules suxeita a bóveda celeste, conclúe a historia da súa vida. 

 

 

 

 🐾   Segue as nosas pegadas, estate atento que seguiremos actualizando esta lista cos novos títulos que cheguen á nosa biblioteca 👋